O campo municipal acollerá este sábado a cuarta edición do Trofeo F8 Concello de Neda
Un total de 24 equipos procedentes de toda a comarca e de Viveiro daránse cita este sábado no campo municipal para participar na cuarta edición do Trofeo F8 Concello de Neda. Unha competición organizada pola SRCD Rápido de Neda coa colaboración da Concellería de Deportes. A cita principiará ás 9 horas e, a partir de entón, disputaránse os partidos nas diferentes categorías (alevín, benxamín, prebenxamín e biberóns). Así, segundo as previsións da organización, as semifinais e finais arrancarán sobre as 17 horas e, a entrega de premios, en torno ás 20,30. A entrada ao campo é completamente gratuíta.











