O Campo da Feira de Ordes acolleu a I Festa da Cervexa Movida Ordes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOrdes
A-
A+
I Festa da Cervexa en Ordes

I Festa da Cervexa en Ordes

O Campo da Feira de Ordes foi o escenario escollido hai escasos días para a celebración da I Festa da Cervexa Movida Ordes. Unha cita que acolleu a un numeroso e variado público de distintas idades chegados de toda a comarca, que desfrutaron non só da prezada bebida senón tamén da boa música. Nesta ocasión os encargados de facer bailar a todos os festeiros foron o grupo de gaitas Embruxo, a Asociación Cultural Camiño Real de Poulo, a Escola de Música Tradicional de Mesía, Pelexos de Montaos e Familia Caamaño. Unha vez apagadas as luces do escenario e da carpa instalados para a ocasión a festa continuou ata altas horas da madrugada nos bares, pubs e discotecas da zona.

18 de xuño de 2013 | 18:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.