O barrio de O Paraíso celebra un ano máis a súa tradicional festa en honor a San Antonio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOrdes
A-
A+
Procesión de San Antonio

Procesión de San Antonio

O barrio ordense de O Paraíso celebrou no día de hoxe a súa tradicional festa na honra de San Antonio, cunha serie de actos que arrancaron pasada a media mañá cunha misa solemne. Como sempre o pavillón deportivo Castelao 1 acolleu dita celebración á que acudiron moitos devotos ademais de festeiros, veciños e veciñas. Entre todos eles atopábase unha ampla representación do goberno local, encabezada por Manuel Regos, alcalde da vila, ademais doutros membros da corporación municipal. A orquesta Ciudad Cristal puxo a nota musical á sesión vermut e á verbena nocturna, que estiveron do máis animada tanto nas terrazas dos establecementos da zona como no mesmo campo da festa, en gran parte polas boas condicións meteorolóxicas que se registraron neste día.

15 de xuño de 2013 | 18:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.