O alumnado do Julia Becerra Malvar participa no “Obradoiro de bebidas saudables” que organizan o Concello de Ribadumia e o SPAD
O Concello de Ribadumia fixo entrega de diplomas os participantes nos obradoiros de Bebidas Saudables do colexio Julia Becerra Malvar. Trátase da oitava edición destes obradoiros, nos que participaron 38 alumnos de 3º ciclo de primaria. Estes obradoiros teñen por obxecto fomentar o consumo de bebidas saudables, ofrecendo unha alternativa ao consumo de bebidas alcohólicas e azucradas comerciais, así como incrementar a información que a mocidade ten sobre os efectos e as consecuencias derivadas do consumo abusivo do alcohol.
A práctica destes obradoiros tamén incluiu carteis de concienciación, con mensaxes de información para o público en xeral, que craron os rapaces e se expuxeron no propio centro educativo no mes de xuño.
Estes obradoiros englóbaronse dentro do convenio que a Concellería de Servizos Sociais de Ribadumia asina anualmente co SPAD de Vilagarcía e inclue actividades e programas para os alumnos do colexio durante todo o curso escolar para previr e informar sobre o consumo de drogas e alcol.











