O Alcalde visitou a exposición sobre a educación na época romana realizada polo Colexio Divina Pastora

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLugo
A-
A+
Orozco na visita á exposición

Orozco na visita á exposición

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, achegáronse á exposición que co motivo do Arde Lucus celebra o Colexio Divina Pastora- Salesianos, como veñen facendo dende o ano 2008.

Para esta ocasión, inspiráronse na educación que recibian os nenos e nenas romanos e as traxectorias escolares dos mesmos. A exposición realizada polos propios profesores, pais e nais e alumnos, diferencia as diferentes etapas polas que pasaba a educación de calquera neno de época romana, dende os primeiros anos nos que se aprendía a ler e escribir nas casas, pasando pola época do colexio e finalizando de aprendiz algún gran mestre que na maioría dos casos era filósofo.

López Orozco felicitou a todos os que participaron na elaboración da exposición e “recomendouna para que a poidan visitar todos os lucenses xa que con elo aprenderían pequenas cousas do día a día”.

10 de xuño de 2013 | 19:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.