O alcalde visita aos alfombristas que ultiman os derradeiros detalles para a confección dos mantos florais de Corpus

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarLocal
A-
A+

Xa vai case un mes desde que as distintas agrupacións alfombristas desen comezo as labores para a confección das tradicionais alfombras de Corpus, que o domingo adornarán as rúas de Gondomar.

Como mostra de apoio a este traballo, esta tarde, Fernando Guitián, alcalde do municipio acompañado por Ignacio Troncoso concelleiro de cultura, e Patricia Durán, concelleira de Igualdade, visitou os lugares de reunión das distintas agrupacións onde se están a preparar os últimos detalles. “É de recibo agradecerlles este esforzo” afirman.

En concreto, achegáronse ata a carpa da Alameda, o barrio de Caside e os centros culturais das parroquias de Couso, Peitieiros, Chaín, Vincios e Mañufe; ademais das zonas onde se estaban esfollando as flores.

Mañá sábado, dará comezo unha xornada maratoniana. Desde as 17.00 horas, e ata ben entrada a madrugada, os veciños e veciñas de Gondomar e parroquias daranse cita nas diferentes rúas do municipio e comezarán a confeccionar as laboriosas alfombras que se exhibirán na mañá.

Para que o traballo resulte menos duro, o Concello porá música ambiental nestes puntos, co obxectivo de amenizar a xornada aos alfombristas

1 de xuño de 2013 | 17:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.