O alcalde recolle mañá as bandeiras azuis do Cira e da praia do Campanario no acto central que se celebra en Arteixo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

O alcalde Tomás Fole desprazarase mañá ata o municipio coruñés de Arteixo para participar no acto central que organiza a Adeac para entregar as bandeiras azuis concedidas por este organismo autónomo en todos os municipios galegos para a temporada 2013. O rexedor vilagarcián recollerá os galardóns dos que foron merecedores a Praia do campanario, en Bamio, e o Centro de Interpretación da Ría de Arousa (CIRA).

A entrega das bandeiras azuis celébrase cada ano nun municipio diferente. Neste caso, o acto terá lugar na praia Valcovo de Arteixo. As baldeiras azuis son un símbolo e un estándar mundial de ecocalidade turística, recoñecido e apoiado polos organismos das Nacións Unidas. A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adecac) é o organismo autónomo e independente que se encarga a nivel mundial de comprobar se os areais e instalacións cumpren cos requisitos de calidade e servizos que se precisan para obter o galardón e de concedelos anualmente.

Como se sabe, Vilagarcía volverá a contar este ano con dúas bandeiras azuis. Por primeira vez o galardón ondeará na Praia do Campanario de Bamio, mentres que o CIRA o recibe por terceiro ano consecutivo. Independentemente da obtención do galardón, o Concello traballa na liña de manter manter en perfecto estado todos os areais do municipio e de continuar ampliando os servizos a efectos de que se atopen nas condicións idóneas para o goce de visitantes e bañistas.

20 de xuño de 2013 | 12:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.