O alcalde recibirá o mércores á plantilla e equipo técnico do Arosa S.C. para felicitalos polo ascenso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

As celebracións polo ascenso á terceira división conseguido onte polo Arosa S.C. Terán un novo episodio o mércores, xornada na que o equipo participará na recepción oficial que se lles dispensará dende o Concello. O acto terá lugar ás oito da tarde e convócase aos vilagarciáns á participar no mesmo como homenaxe ao equipo local.

O alcalde, Tomás Fole, recibirá no salón nobre aos xogadores, técnicos e directivos do equipo para felicitalos pola boa temporada realizada e por ter acadado o ascenso de categoría.

3 de xuño de 2013 | 17:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.