O Alcalde de Lugo participa na Asamblea anual da Rede Española de Cidades Intelixentes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaLugo
A-
A+

O Alcalde, José López Orozco, participa hoxe na Asamblea anual da Rede Española de Cidades Intelixentes (RECI), que reúne en Cáceres alcaldes e representantes dos 41 municipios que a forman na actualidade e da Federación Española de Municipios e Provincias.

Na reunión fíxose balance do labor realizado nos cinco grupos de traballo da Rede que se ocupan de enerxía, mobilidade urbana, eadministración, innovación social e de medio ambiente, infraestruras e habitabilidade urbana e puxéronse en común as experiencias e proxectos nos que traballan as cidades que son membros da Rede, da que forman parte capitais de provincia e cidades con máis de 50.000 habitantes interesadas no aproveitamento das novas tecnoloxías para unha xestión máis eficaz dos distintos servizos municipais.

Ademais, a asamblea elixiu a Xunta Directiva da Rede, na presidencia continuará o Presidente da Femp e Alcalde de Santander, Íñigo de la Serna. O Alcalde de Lugo será vogal, xunto cos das 21 cidades fundadoras da Rede.

A Rede Española de Cidades Intelixentes, www.redciudadesinteligentes.es, foi constituída en xuño de 2012 co obxectivo de intercambiar experiencias e traballar conxuntamente para desenvolver un modelo de xestión sostible e mellorar a calidade de vida dos cidadáns, incidindo en aspectos como o aforro enerxético, a mobilidade sostible, a eadministración, a atención ás persoas ou a seguridade.

Actualmente está formada por 41 ciudades. A A Coruña, Alcobendas, Alcorcón, Alicante, Aranjuez, Ávila, Badajoz, Barcelona, Burgos, Cáceres, Castellón, Córdoba, Guadalajara, Elche, Gijón, Logroño, Lugo, Huesca, Madrid, Málaga, Marbella, Móstoles, Murcia, Palencia, Palma de Mallorca, Pamplona, Ponferrada, Oviedo, Rivas-Vaciamadrid, Sabadell, Salamanca, Santander, Segovia, Sevilla, Tarragona, Torrejón de Ardoz, Torrent, Valencia, Valladolid, Vitoria-Gasteiz y Zaragoza.

17 de xuño de 2013 | 18:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.