O alcalde inaugurará o sábado o Monumento á Música, obra de Bernardo Fernández
O alcalde de Cedeira, Leopoldo Rubido, presidirá este sábado, 29 de xuño, a inauguración do Monumento á Música, obra de Bernardo Fernández. Dará comezo a as 20 horas na rúa Convento e será un acto aberto á cidadanía co que o Concello tamén quere recoñecer o talento creativo do autor da peza e agradecelo moi especialmente que a haxa creado co fin de doala ao patrimonio municipal. A obra está realizada en mármore e recrea unha arpa sobre un pedestal con relevos alusivos á música.
Tras unhas palabras do alcalde, varios nenos descubrirán o monumento, así como unha placa que recorde a autoría e cesión da peza. Dende o Concello, invítase a todos os veciños a acudir a esta cita o sábado, ás 20 horas.











