O alcalde de Ferrol supervisa coa veciñanza de San Xurxo as melloras acometidas co plan de barrios
O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, mantivo hoxe un encontro de traballo cos representantes veciñais de San Xurxo co obxectivo de repasar as melloras e traballos de mantemento realizados ao longo desta semana nesta parroquia do rural ao abeiro do Plan de Barrios posto en marcha polo Goberno Municipal. Na visita tamén participaron os concelleiros de Servizos e Medio Ambiente, e de Zona Rural, Borja Carro e Jose Polo, respectivamente. Así mesmo, e co obxectivo de tomar nota das suxestións sobre os servizos do Concello e melloras sobre as tarefas feitas que fixeron os veciños asistiron ao encontro os técnicos municipais encargados da supervisión dos servizos municipais, tanto daqueles que presta directamente a Administración ferrolá como os que esta realiza a través de empresas concesionarias.
Rey Varela destacou do Plan de Barrios dous feitos. En primeiro lugar, que “permite atender por igual aos 82 quilómetros cadrados que compoñen o termo municipal de Ferrol, procurando así unha atención integral tanto aos barrios urbanos como as parroquia. E, en segundo lugar, que “esta primeira fase do plan estanos permitindo mellorar, paso a paso, a imaxe da cidade, cunha maior proximidade dos servizos municipais á cidadanía e intensificando a presenza dos mesmos nos diferentes barrios e parroquias”. Nesta liña, o alcalde manifestou que o Plan de Barrios supón un traballo coordinado dos servizos do Concello e concesionarias en mantemento de viarios, limpeza, parques e xardíns, zonas verdes, pintado e sinalización, roces e limpeza de cunetas, iluminación, servizo de auga, parques infantís e Policía Local. Así mesmo, Rey Varela apuntou que baixo o paraugas do Plan de Barrios se teñen activado neste mandato novos servizos como o de arraxo de estradas e beirarrúas, o de pintado e sinalización, o de roces e limpeza de cunetas ou a próxima instalación de case 600 novas papeleiras no municipio, con especial atención ao centro histórico e a emprazamentos como os paseos marítimos.
No que atinxe aos traballo feitos en San Xurxo nestes últimos días, a valoración económica dos mesmos ascende a uns 16.000 euros. O rexedor resumiu algunhas das actuacións levadas a cabo, que atenden as demandas feitas polos propios veciños/as desta zona da cidade:
-Aglomerado da estrada a Lobaliz, do acceso o Local Social da Asociación de Veciños de San Xurxo, a pista a Traouteiro e a estrada a praia de Doniños.
-Intensificación dos traballos de limpeza a cargo de Urbaser, incluídos sumidoiros, colectores, lavadoiros e fontes, vertedoiros incontrolados.
-Pintado de sete stops e seis cedas.
– Rozados máis de 4.700 metros lineais de marxes de camiños.
-Limpeza e reparación de puntos de luz.
-Detección de fugas e actuacións de mantemento das redes de abastecemento de auga.
Saneamento
Ademais, ao igual que aconteceu en anteriores visitas do Plan de Barrios a outras parroquias do rural, o alcalde presentou aos veciños de San Xurxo a proposta de saneamento que supón “unha solución global á contaminación por vertidos en augas residuais en todo o termo municipal”, dixo. Así, o proxecto de San Xurxo en cifras resúmese en: 5 quilómetros de canalizacións, 109 conexións a vivendas e unha estación de bombeo. O custe total desta obra está estimado en 680.000 euros.
“O saneamento do rural é a actuación máis importante e a principal demanda que teñen os veciños destas parroquias; e dende o Goberno Municipal queremos que este sexa o mandato do saneamento de Ferrol, tanto na zona urbana como da rural”, apuntou o alcalde. Entre poboación permanente e estacional, cerca de 3.600 habitantes beneficiaranse desta intervención no conxunto da zona rural, que prevé o aproveitamento ao máximo das redes de saneamento existentes en algunhas partes que non están operativas na actualidade. Así mesmo, os tipos de EDAR propostos están baseadas en procesos naturais como os reactores biolóxicos –que son equipos modulares que van soterrados- e lagunaxes artificiais ou humedais –que mediante plantas de tipo macrofitas depuran as augas residuais. Todas elas son tecnoloxías de mínimo impacto ambiental.