O alcalde de Ferrol revisa xunto aos veciños/as do barrio de Recimil as intervencións acometidas na zona

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+
Rey Varela na reunión cos veciños do barrio de Recimil

Rey Varela na reunión cos veciños do barrio de Recimil

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela visitou esta mañá Recimil para comprobar xunto cos representantes veciñais as actuacións de mellora feitas polos servizos municipal e empresas concesionarias ao abeiro da primeira fase do Plan de Barrios posto en marcha polo Goberno Local. O primeiro edil da cidade estivo acompañado do concelleiro de Servizos e Medio Ambiente, Borja Carro Muñoz, e da edil do barrio, Martina Aneiros Barros.

Ademais, o rexedor municipal visitou a parcela do antigo Bambú Club e informou que esta obra de demolición xunto cos traballos de pintado que se executarán no CEIP Recimil ascenden a 200.000 euros. No que atinxe ás tarefas de mellora e mantemento acometidas no barrio de Recimil polos servizos municipais e empresas que traballan para o Concello, a valoración das mesmas ascende a case 25.000 euros. Así, o alcalde de Ferrol resumiu as actuación máis destacadas levadas a cabo estes días en Recimil ao abeiro da primeira fase do Plan de Barrios.

– Reparación dunha vintena de fochancas, principalmente as situadas nas interseccións coa estrada de Castela e  na rúa Carvalho Calero.

– Limpeza a fondo de todo o barrio a cargo dos traballadores de Urbaser.

– Tarefas de pintado e sinalización en 19 pasos de peóns nas rúas Ramón y Cajal, Euskadi, Fene e Carballo Calero; 3 cedas ao paso en Ramón y Cajal e Fene; 1 praza reservada para estacionamento de persoas con mobilidade reducida na rúa Euskadi e 1 sinal de stop na rúa Fene. Ademais de outras actuación globais de pintado de liñas dos bordes do carril de circulación.

– Limpeza de 124 columnas de luz e substitución de 3 cadros en mal estado.

– A empresa Emafesa realizou tarefas de mantemento tanto correctivo como preventivo e control de calidade: cambio de tapa e revisión de válvulas; inspección e limpeza de sumidoiros; detección de fugas e filtracións; e monitoreo de presións e analíticas. Ademais, realizaron dúas reparacións de fugas en tuberías nas rúas Pontedeume e Valdoviño.

– Traballos de mantemento de zonas verdes, limpeza de 151 alcorques, desherbado de 105 macizos e actuacións de poda na rúa Betanzos. As intervencións das rúas Valdoviño, As Pontes e praza de Sevilla foron realizadas en meses anteriores debido á estacionalidade dos traballos de poda.

– Revisión do funcionamento e o estado dos xogos no Parque Infantil Praza de Sevilla.

7 de xuño de 2013 | 17:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.