O alcalde de Ferrol revisa coa veciñanza da parroquia de Esmelle as intervencións acometidas na zona rural

O rexedor na visita á parroquia de Esmelle
O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela visitou esta mañá a parroquia de Esmelle para comprobar xunto cos representantes veciñais as actuacións de mellora feitas polos servizos municipal e empresas concesionarias ao abeiro da primeira fase do Plan de Barrios posto en marcha polo Goberno Local. O primeiro edil da cidade estivo acompañado dos concelleiros de Servizos e Medio Ambiente e Zona Rural, Borja Carro Muñoz e José Polo Veiga, respectivamente.
As tarefas de mellora e mantemento acometidas na parroquia de Esmelle polos servizos municipais e empresas que traballan para o Concello están valoradas en case 20.000 euros. Así, o alcalde de Ferrol resumiu as actuación máis destacadas levadas a cabo estes días en Esmelle ao abeiro da primeira fase do Plan de Barrios.
– Reparación de 10 fochancas no Camiño de Sograña á praia.
– Limpeza a fondo de todo o barrio a cargo dos traballadores de Urbaser. Realizouse un lavado e baldeo especial nos lavadoiros e fontes de: Río D´Aneiro, Igrexa, Evarista, Fonte do Conde e Esmelle.
– Tarefas de pintado e sinalización viaria en dous stops e un ceda ao paso.
– Roce de 8.172 metros lineais de marxes de camiños. Tarefa que continuarán ata o luns día 17.
– Reposición de difusores, cerradura de tapas de contadores e brazos e varillas oxidadas en: Lodeiro, Cha, Río Xunto, Longra Tras o Castro, Xuncal-Esmelle, Lodeiro-Esmelle.
– A empresa Emafesa realizou tarefas de mantemento tanto correctivo como preventivo e control de calidade: limpeza en arqueta redutora debido a un vertido ilegal de refugallos do que foi informado á Policía Local; revisións de válvulas e arquetas en A Chousa; limpeza de finais de rede fronteao nº33 en Castiñeira; e monitoreo de presións e analíticas.
– Traballos de mantemento de zonas verdes, roce da zona verde do Mago Merlín e próxima ao merendeiro actuando nunha superficie total de 3.200 metros cadrados.
– Revisión do funcionamento e o estado dos xogos no Parque Infantil Esmelle. Ademais dar realización dunha limpeza xeral.











