O alcalde de Ferrol recibe aos comandantes entrante e saínte da Escola Naval da Graña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocalLocal Portada
A-
A+
Recepción na Casa Consistorial

Recepción na Casa Consistorial

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, recibiu hoxe no seu despacho da Casa Consistorial aos capitáns de navío Fernando Poole Quintana e Jose María Martínez Núñez. Esta visita institucional obedece ao próximo relevo ao mando da Escola Naval de Especialidades da Graña (Esengra), cuxo acto oficial terá lugar o vindeiro luns ás 13.00 horas nas dependencias militares da Graña.

Fernando Poole Quintana asume así a dirección da Esengra, relevando neste posto a Martínez Nuñez, quen pasa destinado a Washington en calidade de Agregado Naval. O rexedor municipal desexou ao novo comandante-director da Estación Naval da Graña moitos éxitos ao fronte deste centro de formación da Armada; e sorte a Martínez Núñez no seu novo destino na capital dos Estados Unidos. O primeiro edil da cidade entregoulles aos responsables militares o volume “A Nosa Pintura” e unha placa.

26 de xuño de 2013 | 18:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.