O alcalde de Ferrol recibe a Sergio Trillo, campión de Europa xuvenil de judo na categoría de menos de 100 quilogramos

Recepción municipal a Sergio Trillo
O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, recibiu hoxe ao deportista Sergio Trillo con motivo da recente medalla de ouro obtida polo ferrolán na Copa de Europa xuvenil de Judo na categoría de menos de 100 quilogramos. No acto, que tivo lugar no Salón de Recepcións da Casa Consistorial, estiveron presentes representantes dos grupos políticos da Corporación Municipal, así como a concelleira de Deportes do Concello de Ferrol, Susana Martínez Galdós.
Na súa intervención, o primeiro edil da cidade quixo desexar ao judoca “a continuidade en anos sucesivos da súa exitosa carreira deportiva”. Rey Varela fixo entrega ao deportista ferrolán dun prato de cerámica cunha reprodución do Castelo de San Felipe.











