O alcalde de Cangas recibíu no Concello a estudantes de Boston

O rexedor departindo cos estudantes
O Alcalde de Cangas, José Enrique Sotelo, recibíu a un grupo de 13 alumnos acompañados por 2 profesores de español e inglés, do centro ” Thayler Academy” de Boston que se desprazaron ata o Concello para coñecer as diferentes dependencias municipais e posteriormente visitar os lugares máis emblemáticos e turísticos do noso Cangas.
Os alumnos de idades comprendidas entre 14 e 17 anos están a pasar 5 días con familias galegas despois de visitar Madrid, Toledo, Segovia e Salamanca.
Con este é o quinto ano consecutivo que o centro “Thayler Academy” de Boston envía aos seus alumnos a Galicia.











