O alcalde, acompañdo do edil Anxo Rei probará mañá algunha das tapas que participan no concurso Tapasteo
Mañá venres comeza o concurso Tapas Teo e varios concelleiros e o alcalde visitarán algúns dos establecementos ó mediodía para degustar os bocados gastronómicos que participan neste iniciativa. É a primeira vez que se organiza en Teo unha competición destas destas características na que participan quince locais da hostalaría e que conta coa colaboración da Asociación Hostelería Compostela.
Tapas Teo funcionará entre o 21 e o 30 de xuño e durante eses días poderanse degustar os petiscos preparados para a ocasión en cada local en horario de 13:00 a 16:00 horas e de 20:00 a 24:00 horas. As tapas teñen un prezo de 1,5 euros. Os locais agrupáronse por proximidade en tres rutas. Mañá o alcalde de Teo, Martiño Noriega e o edil Anxo Rei estarán nalgún dos locais da ruta 3 de Cacheiras e Montouto. A concelleira Carme Hermida e o concelleiro Xurxo Francos visitarán algún local da ruta 2 Ramallosa-Pontevea, mentras que Ignacio Iglesias estará nun local da ruta 1 a de Calo.
As persoas que queiran probar as tapas deben saber que hai un pasaporte que se debe selar en cada establecemento no que se consuma a tapa. Ó remate do concurso os pasaportes cubertos entrarán nun sorteo de dous premios, unha noite nunha casa de turismo rural e unha cea para dúas persoas nun local dos adheridos ó Tapas Teo.
E unha vez probada a tapa tamén procede valorala. En cada local haberá papeletas para poder avaliar do 1 ó 5 a tapa e desas papeletas sairá o petisco gañador deste primeiro Tapas Teo.











