Nove veciños e veciñas de Frades inician un curso de ofimática adaptado ao nivel de cada alumno

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFradesLocal
A-
A+
Alumnos do curso de informática

Alumnos do curso de informática

Nove veciños e veciñas de Frades iniciaron esta semana un curso de ofimática, de 50 horas de duración, no que os contidos a impartir están personalizados ao nivel de coñecementos e ás necesidades e intereses de cada un dos alumnos participantes. Trátase dun dos cursos máis demandados de entre os que organiza o Concello de Frades, xa que os veciños abordan distintas temáticas de acordo coa súa formación nas novas tecnoloxías, dende cuestións básicas do manexo dun ordenador baixo o sistema operativo Windows ata nocións xerais ou específicas de programas (word, excel, access) ou navegadores. Así, cada alumno recibe a formación que máis se adapta ás súas necesidades.

Este será o primeiro curso de ofimática que se celebre en 2013 e terá lugar na Aula de Informática do Concello de Frades ata o vindeiro 28 de agosto. As clases celebraranse de 21:00 a 23:00 horas, xa que é o horario que facilita a participación dos veciños. Con este curso, o Concello de Frades leva organizadas sete edicións nas que se formaron un total de 90 veciños e veciñas.

6 de xuño de 2013 | 18:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.