Normas para a celebración das fogueirasdo San Xoán 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMarín
A-
A+

1.- Presentación no rexistro xeral do concello da solicitude de celebración da fogueira, antes do próximo día 15 de xuño, ás 13:00h.

2.-Prohíbese levar a cabo fogueiras sobre as vías públicas pavimentadas, xardíns ou zonas verdes, baixo tendidos eléctricos e telefónicos.

3.- As fogueiras terán que gardar unha separación mínima de 15 metros lineais  coa vexetación, casas e edificios máis pertos. A súa altura máxima será de 2 metros e o diámetro da zona de combustión de 6 metros de ancho.

4.- Para a combustión só poderán empregarse leña, ramas, troncos de árbores ou calquer material de madeira, quedando prohibido empregar materiais inflamables como neumáticos, plásticos, latas, botellas de vidro ou materiais de PVC. Tamén prohíbese arroxar ás fogueiras aerosois, (ainda que estén valeiros), aceites, líquidos combustibles e calquera sustancia explosiva.

5.- As persoas que asisten á festa, absteranse  de situarse nun area de diámetro similar á altura do pao central da fogueira.  

6.- Queda prohibido facer fogueiras  na praia

7.- No caso de que soprase o vento, que poidese dificultar a vixiancia e extinción da fogueira, ésta deberá suspenderse ou apagarse.

8.- Os organizadores das fogueiras deberán ter coñecemento dos  teléfonos de contacto necesarios no caso de que xurda algún accidente:

Policía Local: 092

Servizo Municipal de extinción de incendios: 080

Protección Civil: 669 975 930

E se comprometen a dispor  no acto dun teléfono móbil en pleno funcionamento, con indicación na solicitude no seu número.

Mediante estas normas, de obrigado cumprimento, o Concello pretende  garantir a protección e seguridade das persoas que participen nestas festas de gran arraigo na nosa vila, facendo compatible a diversión coa seguridade de  tódolos cidadáns.

11 de xuño de 2013 | 13:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.