Negreira ratifica o seu compromiso coas familias residentes no Ofimático ao nomear a Antonio Platas facilitador para analizar os casos
O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, anunciou esta mañá que o Concello puxo a disposición dos afectados do Ofimático un facilitador para responder a todas as súas dúbidas e atender de xeito individualiza os 15 casos que aínda quedan pendentes.
O alcalde explicou que estas 15 familias do Ofimático contarán co asesoramento dun facilitador, tal e como se comprometera o rexedor cos afectados e que neste caso será o decano do Colexio de Avogados, Antonio Platas. Estamos a traballar de forma seria e rigorosa e poñendo solucións onde antes só había problemas”, afirmou Negreira, quen recordou que, ao inicio do mandato, estaba pendente de resolver a situación de 110 edificios.
Carlos Negreira destacou que o cambio de goberno en María Pita permitiu achegar “seguridade xurídica” ao proxecto do Ofimático e conceder todas as licenzas solicitadas polos cooperativistas ata a data para a construción de tres edificios no polígono e dar resposta ás necesidades de 181 familias.











