Neda recuperou o maravedí na segunda xornada do seu Mercado Medieval
O maravedí foi unha das principais novidades da segunda xornada do Mercado Medieval de Neda. Dende primeira hora da mañá, o Concello abriu as portas, na pranta baixa da casa do concello, da Alhóndiga, o Banco Local de Troco. Alí, o público que visitou a feira puido cambiar os seus euros pola antiga moeda española para realizar as compras no mercado. Por segundo día consecutivo, as rúas do casco histórico da real vila acolleron a preto de medio centenar de postos de artesanía e productos gastronómicos.
Así mesmo, e co permiso da choiva, os espectáculos sucedéronse tamén a pé de rúa. Entre estes, e segundo destacou a concelleira de Promoción Turística, Montse Rico, exhibicións de caza aérea con falcóns, azores e outras aves, representacións teatrais ou circenses, maxia e recitais musicais. O Mercado continuará mañá domingo. En horario de mañá (de 11 a 14,30 horas) e de tarde (de 17 a 22,30 horas).
Por último, e pensando nos máis pequenos da casa, o Mercado Medieval de Neda tamén conta cun Rincón Infantil con xogos para nenos e nenas a partires de tres anos. Ademáis, poden disfru-tar tamén dos paseos nunha carruaxe tirada por ponis ou montarse en atraccións da época.
De seguido, programa previsto para o domingo:
11.00 H. O MERCADO COBRA VIDA
11.30 H. OS MUSICOS PERCORREN A FEIRA ( OLTHA GABAR)
12.00 H. BAILE SAFI (EMAD SALIM)
12.30 H. MAXIA MEDIEVAL (TROUPE DE MALABO)
13.00 H. OS ALEGRES TARADOS DO RITMO (OLTAHA GABAR)
13.30 H CHEGADOS DE TERRAS LONXANAS (CONFUSION)
14.00 H. CONCERTO DE RÚA (OLTAHA GABAR)
14.30 H BAILE SAFI (EMAD SALIM)
17.00 H O MERCADO COBRA VIDA
17.30 H. OS ALEGRES TARADOS DO RITMO (OLTAHA GABAR)
18.00 H BAILE SAFI (EMAD SALIM)
18.30 H. BAILE SAFI (EMAD SALIM)
19.00 H. CONTA CONTOS ( TROUPE DE MALABO)
19.30 H. A CAPTURA DO DRAGÓN (CONFUSION)
20.00 H. MAXIA MEDIEVAL (TROUPE DE MALABO)
20.30 H. BAILE SAFI (EMAD SALIM)
21.00 H CONCERTO DE RÚA (OLTAHA GABAR)
21.30 H. OS COMEPEDRAS (CONFUSION)
22.00 H OS ALEGRES TARADOS DO RITMO (OLTAHA GABAR)
22.30 H. A DAMA DO LUME (TROUPE DE MALABO)











