Neda ofrece ás familias o programa “Conciliamos xogando” con actividades de ocio didáctico para nenos e nenas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNeda
A-
A+

O Concello de Neda ofrecerá ás familias o programa “Conciliamos xogando”, un servizo de atención á infancia para permitir que os pais e nais da localidade compatibilicen a súa vida persoal e familiar coa laboral durante as vacacións escolares. “Conciliamos xogando” arrancará o próximo 8 de xullo e prolongarase inicialmente ata o día 31. O escenario principal será o colexio público San Isidro e, complementariamente, utilizaránse as instalacións da piscina municipal.

Trátase dun servizo gratuíto, con custe cero para os usuarios, e está pensado pa-ra nenos e nenas de 3 a 12 anos. De feito, en días pasados, a Concellería de Educación e Cultura remitiu unha circular aos centros educativos da vila para informar da iniciativa e animar á inscripción. Así, aqueles que estean interesados en participar deben dirixirse á Casa da Cultura e anotarse.

Organizado pola Concellería de Igualdade, o programa “Conciliamos xogando” está co-financiado polo Concello de Neda e a Deputación Provincial da Coruña. Ofrece aos nenos e nenas unha oferta de actividades de ocio didáctico e, entre estas, xogos ao aire libre, talleres de manualidades, inglés, de disfraces ou sesións de piscina.

21 de xuño de 2013 | 18:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.