Neda acolle este sábado o Feirón Mensual

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalNeda
A-
A+

A concelleira de Promoción Turística de Neda, Mont-se Rico, invitou a veciños e visitantes a acudir este sábado, 22 de xuño, ao Feirón Mensual de Neda. Celebraráse durante toda a mañá na rúa Valle Inclán, no entorno da Casa das Palmeiras. Os potenciais clientes teñen á súa disposición un aparcadoiro gratuíto duns 4.000 m2 a escasos metros, na rúa Curros Enríquez. Así mesmo, á oferta tradicional desta cita se suma a participación dunha trintena de particulares, que ofrecen os seus productos de segunda man.

O Feirón Mensual celébrase todos os cuartos sábados de mes dende os últimos catro anos. Os obxetivos están claros: incentivar a economía de autónomos e pequenos comercios á vez que promocionar turisticamente a vila co fin de que a veciñanza de Ferrolterra se achegue a Neda.

20 de xuño de 2013 | 17:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.