Multitudinaria asistencia a sardiñada de San Xoán en Palas de Rei

Asistentes á sardiñada
O Concello de Palas de Rei celebrou neste venres 21 de xuño, un ano máis, a tradicional Sardiñada de San Xoan. A Praza do Concello de Palas encheuse de veciños e pelegrins que saborearon as sardiñas feitas a brasa con pan de Palas ademais de chourizos criollos e torresmos. Non faltou o viño de Palas. O motivo do adianto da celebración débeuse a que a festa non coinciada coas celebracións que fan as distintas asociacións de veciños nas respectivas parroquias, para que, así poida un maior número de veciños desfrutar deste evento organizado dende a oficina de información xuvenil do Concello de Palas de Rei. Repartironse máis de 60 kilos de sardiñas. A parte da comida os participantes tamén desfrutaron de animación musical e dunha fogata sobre a media noite.











