Mos opta a unha axuda autonómica para poñer en marcha un programa de reducción do abandono escolar
Dende a concellería de Educación mosense que dirixe a edil Kely Monzón presentouse a memoria do programa ApoiáMoste, orientado á reducción do abandono escolar no Concello de Mos, para solicitar á Xunta de Galicia unha subvención coa que financiar dito programa, dada a convocatoria de axudas para proxectos con este fin mediante a Orde de 26 de abril de 2013.
A orde reguladora das axudas para o desenvolvemento de programas dirixidos á reducción do abandono escolar, nos concellos de Galicia para o ano 2013, ten por finalidade favorecer o desenvolvemento de actividades que proporcionen unha formación integral ao alumnado e, ao mesmo tempo, promover o esforzo compartido de toda a comunidade educativa na busca do éxito escolar e na reducción do abandono temperán dos estudos por parte da poboación xove.
Esta convocatoria básase na cooperación territorial da administración educativa coas corporacións locáis, ao obxecto de minimizar o impacto dos factores que inciden no abandono do sistema educativo por parte do alumnado galego e favorecer o desenvolvemento de programas de segunda oportunidade, orientados á reincorporación dos xoves, con actividade laboral ou sin ela, que abandonaron a súa formación sen cualificación nin titulación.
O Concello de Mos, a través da concellería de Educación e Participación Cidadá deseñou un programa que pretende cumplir estes obxectivos Baixo o título de ApoiáMoste. Trátase dun programa para fomentar a reactivación da actitude positiva cara o estudio e a formación e o emprego, a través da motivación, a escoita e a valoración de intereses.
O punto central deste programa é o mantemento e consolidación da oficina de información e asesoramento educativo creada ao inicio do curso escolar vixente, e o obxectivo central e poder ofrecer un punto de atención personalizada tanto a comunidade educativa, como as familias e os xoves que non posúen ningún tipo de formación regrada e que queren retomar os seus estudios e/ou poder acceder a formación ocupacional.
Este servizo quere ofrecer información sobre procedementos de escolarización do alumnado, a oferta formativa da zona, a proba libre para a obtención do Graduado en Educación Secundaria, educación de adultos, programas de integración, exames de acceso os ciclos formativos, orientación vocacional, becas, axudas e subvencións, estudios no estranxeiro, motivación e técnicas de estudio, formación non regrada e recoñecemento das competencias profesionais a través da experiencia profesional
Dende esta oficina, xirarán as actividades a desenvolver que estarán enfocadas en tres programas diferentes pero interrelacionados entre sí, como son o punto EducaMos, o programa AproveitaMos o Verán e o proxecto Fórmate en Mos. O punto EducaMos é un punto de información dirixido prioritariamente tanto os/as alumnos /as da 3º e 4º da ESO e PCPI, como aqueles alumnos que abandonaran os seus estudios. Así como a población estudiantil en xeral e os pais, nais e titores e profesorado destes alumnos. Neste púnto realizaríanse actividades coma talleres de orientación educativa-vocacional e saídas profesionais e titorizacións individuais educativo-laborais
O programa AproveitaMos o Verán consistiría en talleres de recuperación do alumnado de secundaria que presenta malos resultados académicos ou desmotivación para o estudo. As actividades destes obradoiros contarían con Coaching educativo e intelixencia emocional e coa implantación dun Programa Escolar & Coaching para os pais
Por último, o proxecto Fórmate en Mos basearíase no desenvolvemento de actividades de formación non reglada que favorezan a reincorporación de xoves ao sistema educativo; e na participación en accións formativas de cualificación profesional de nivel 1 do catálogo nacional das cualificacións profesionais.











