Mos mellora a piscina de San Eleuterio para abrir as súas portas a vindeira semana
O concelleiro de Deportes, Isidoro Táboas, anunciou hoxe que a vindeira semana abrirá as súas portas ó público a Piscina Municipal ó aire libre de San Eleuterio. O edil informou de que ata o de agora estivéronse acometendo traballos de mellora dos dous vasos, tanto o grande coma o pequeno, destinado este último ó uso e desfrute dos cativos de menor idade.
Os labores realizados consistiron nunha limpeza xeral de ambos vasos con reposición de auga e realización dos correspondentes tratamentos da mesma, xa que, tal e como explicou Táboas “dende o Concello consideramos máis óptima a reposición de auga que a recuperación e depuración da conservada do verán pasado”.
Ademais tamén se realizaron traballos de pintado dos dous vasos e de reparación de maquinaria e bombas de cloro para que todo o material estivese a punto e en perfectas condicións de uso no momento da apertura da piscina que terá lugar durante a primeira semana do mes de xullo, tal e como se ven facendo dende a súa inauguración en xullo de 2010.
O horario de apertura da piscina de San Eleuterio será de 11.00 a 22.00 horas ininterrumpidamente. As instalacións, que constan de dúas piscinas: unha grande e unha pequena -para os nenos de máis curta idade- como xa se dixo, e de baños, contarán en todo momento cos servizos dun socorrista. A piscina está situada na zona oeste da urbanización xunto ó parque infantil e a pista deportiva.
A rexedora local, Nidia Arévalo, anunciara en febreiro de 2010 a intención do seu goberno de construir unha piscina en San Eleuterio, compromiso que poucos meses despois era xa unha realidade.











