Mos, esceario da BTT Club Ciclista Corredoira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalMos
A-
A+

O concelleiro de Deportes, Isidoro Táboas, informou hoxe da celebración da marcha BTT Clube Ciclista Corredoira dentro da programación das Festas da Rosa 2013. O evento deportivo, organizado conxuntamente polo Concello de Mos e o Clube Ciclista Corredoira, terá lugar o vindeiro domingo, día 9 de xuño, dando saída a partir das 09.30 horas dende o Pavillón Óscar Pereiro.

O percorrido da ruta transcorrerá polo termo municipal de Mos, con regreso ó punto de partida, o Pavillón Óscar Pereiro, onde os participantes disporán de duchas e servizo de limpeza de bicicletas.

Os interesados en participar teñen ata o propio día de celebración da proba para inscribirse. A inscrición, que ten un custe por persoa de 5 euros, debe ser formalizada na Piscina Municipal, que se atopa ubicada nas instalacións do propio Pavillón Óscar Pereiro.

A dificultade da BTT Clube Ciclista Corredoira está catalogada como media-alta, polo que poden participar nela as persoas maiores de idade ou menores con autorización dos seus pais.

Táboas declarou hoxe que “dende a concellería de Deportes espérase acadar ou incluso superar o índice de participación na proba do ano pasado”, polo que calcula que a BTT da presente edición conte con arredor de 400 corredores.

Unha vez finalizada a marcha, durante a que os ciclistas recibirán avituallamento, celebrarase un sorteo de agasallos e servirase un tentempé para os participantes na proba.

6 de xuño de 2013 | 18:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.