Modificacións no tráfico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

A Concellaría de Tráfico informa das seguintes afeccións de tráfico para mañá, xoves 6 de xuño:

– Con motivo das obras de canalización da rede de Unión Fenosa en para a instalación dunha cámara de empalme subterránea, é necesario o corte de tráfico na avenida Joaquín Planells, entre a avenida Salgado Torres e a rúa Blanco White, agás para acceso aos garaxes afectados. En consecuencia, o tráfico desviarase sentido glorieta de Eduardo Diz, pola rúa Blanco White-Salgado Torres e en sentido Rolda de Outeiro-Estación de tren, pola Avenida de Arteixo. Así mesmo, suprímese o xiro a esquerdas dende a glorieta de Eduardo Diz cara a Joaquín Planells. Estímase que a duración da afección durará ata o 21 de xuño de 2013.

– Debido ás obras de reparación da superestrutura do tranvía, cortarase o carril dereito de circulación en dirección ás Esclavas nun tramo de 25 metros aproximadamente. As obras executaranse en horario de 09.00 a 13.00 horas.

5 de xuño de 2013 | 10:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.