Modificacións no tráfico polo Campionato Galego de Triatlón de Menores
A concellería de Tráfico informa que este sábado día 29 de xuño, con motivo da celebración do “Campionato Galego de Triatlón de Menores”, realizaranse cortes á circulación de vehículos, a partir das 16:00 horas, nas rúas do centro da cidade e no acceso ó aparcadoiro do parque dos Condes.
Debido ó desenvolvemento das diferentes probas, as rúas Compañía, Reboredo, Dalmiro de la Válgoma e Escultor Francisco Moure (ata a intersección coa Rúa Sarria), estarán pechadas ó tráfico entre as 16:00 e as 18:30 h.
Polo mesmo motivo, tamén se pechará o acceso de vehículos ó estacionamento do Parque dos Condes na mesma franxa horaria.
A policía local realizará aperturas intermitentes das citadas rúas e do estacionamento en función das posibilidades organizativas da proba.
A concellería de tráfico pide escusas polas molestias que poidan ocasionarse.











