Modificacións no tráfico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

O Concello, a través da Concellaría de Mobilidade, informa das seguintes afeccións de tráfico:

– Con motivo do acceso das vigas prefabricar á obra da autovía de acceso á Coruña e conexión co aeroporto de Alvedro, será necesario realizar cortes puntuais no tramo comprendido entre o depósito municipal de vehículos e a glorieta de acceso a Pocomaco na estrada do Birloque. Os cortes programados, cunha duración aproximada de 5 minutos, son:

– Mércores 12, luns 17 e martes 18 de xuño, entre as 10.00 e as 12.30 horas e as 15.30 e as 18.30 horas.

– Xoves 13 e venres 14, entre as 20.30 e as 6.30 horas.

– Debido ao inicio do retranqueo dos servizos afectados da obra de construción do aparcadoiro público subterráneo na Praza das Conchiñas, dende o mércores 12 de xuño, e cunha duración de 14 días, cortarase o tráfico da avenida das Conchiñas, entre a rúa Fuente Álamo e a rúa Gramela. As obras requirirán a ocupación de zonas de estacionamento, realizándose en dúas fases de 7 días cada unha e 30 metros de lonxitude de ocupación, manténdose en todo momento un carril de circulación libre.

11 de xuño de 2013 | 10:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.