Modificacións no tráfico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

A concellaría de Tráfico e Mobilidade informa de que, con motivo das obras de canalización da rede de Unión Fenosa na Avenida de Joaquin Planells para a instalación doutra cámara de empalme subterránea á altura do nº56, ata o 21 de xuño se corta o tráfico na avenida Joaquín Planells entre Salgado Torres e a rúa Blanco White, agás para acceso aos garaxes afectados. O tráfico será desviado sentido glorieta Eduardo Diz, pola rúa Blanco White-Salgado Torres e en sentido Rolda de Outeiro-Estación de tren, pola Avenida de Arteixo. Ademais suprimiuse o xiro á esquerda dende a glorieta de Eduardo Diz cara a Joaquín Planells.

Con esta nova afección ademais é necesario dende o luns 10 ata o 21 de xuño de 2013, suprimir o tráfico Desde o luns 10 ata o 21 de xuño suprimirase, tamén, o tráfico na avenida Joaquín Planells Riera en sentido entrada cidade na zona da Policía Nacional, polo que ese tramo será de sentido único cara á avenida Salgado Torres.

7 de xuño de 2013 | 18:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.