Medio centenar de veciños de Neda desprazaránse á Malata no autocar fletado polo Concello para asistir á final da Copa de Ferrolterra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNeda
A-
A+

Medio centenar de veciños e veciñas de Neda viaxarán mañá sábado ao estadio municipal da Malata no autocar fletado polo Concello para asistir á final da Copa de Ferrolterra 2013 que disputará o equipo local Rápido de Neda contra o San Mateo.

O partido dará comezo ás 19,30 horas e, con esta previsión, o autobús partirá de Viladonelle (local social) ás 17,45 horas e iniciará ahí un percorrido por diferentes puntos do municipio. A seguinte parada, no Roxal (no cruce de desvío á Fervenza). De seguido, tomará rumbo á Igrexa de San Pedro de Anca, Cruz do Pouso, Mourela (xunto á estación de servizo de Falcón), cruce de Xuvia, Casa do Concello e O Puntal.
Doutra banda, o Concello tamén fletará un microbús para o desprazamento da plantilla e directiva.

21 de xuño de 2013 | 18:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.