publicidade hoxe

Mariñas – Betanzos senta as bases para unha cooperación ambiental permanente da reserva da biosfera con 8 grupos rurais españois

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAbegondoLocal
A-
A+

A creación da reserva da biosfera non é o único proxecto ambiental que impulsa o GDR Mariñas – Betanzos. Abegondo acolle hoxe o encontro de 8 grupos de desenvolvemento rural españois que executan en conxunto o programa “Territorios rurais comprometidos na loita contra o cambio climático”.

Mariñas-Betanzos leva a cabo esta acción xunto con outros oito grupos das comunidades de Andalucía, Canarias, Extremadura, La Rioja, Castela León e Murcia. O obxectivo do proxecto consiste en fomentar o aforro e a eficiencia, a mobilidade sostible, e a concienciación e participación da cidadanía ante o problema do cambio climático.

A iniciativa lévase a cabo dende 2012 e finalizará o próximo novembro. No encontro de hoxe, os representantes das diferentes comunidades analizaron as accións realizadas e planificaron as que terán lugar nos próximos meses. O presidente de Mariñas – Betanzos, José Antonio Santiso, avanza que o GDR analizará os produtos ecolóxicos transformados que se comercializan para concluír se puidéranse elaborar en Galicia. É dicir, materia prima galega que logo chega ao mercado procedente doutras zonas.

Sería o caso, por exemplo, do trigo sarraceno, que logo se comercializa como biscoito ou pan sen glute. Queremos identificar estes casos para obter posibles oportunidades de desenvolvemento de negocio na bisbarra”, explica. Santiso recibiu os participantes do encontro no salón de plenos do Concello de Abegondo. Felicitounos polo seu labor á fronte dun programa que busca a sinerxía de ideas entre grupos de diferentes comunidades como o os meus obxectivo común de mellorar o medio.

Froito da reunión, ademais de avaliar e planificar o proxecto, os grupos sentaron as bases para a creación dunha asociación permanente entre eles que manteña o traballo conxunto para o futuro. Esa unión centrarase en programas contra o cambio climático, como potenciar a reutilización, a compostaxe, ou promover o emprego verde en sectores como o agrícola, ecolóxico ou turístico.

Mariñas – Betanzos inicia así o camiño de intercambio de experiencias para reforzar a nova reserva da biosfera. “O traballo en rede será enriquecedor e posibilitará estratexias ambientais idóneas para a reserva”, apunta Santiso.

4 de xuño de 2013 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.