Manuel Vázquez, reelixido onte presidente da AFAC por catro anos máis

Manuel Vázquez no centro
A Asociación de Fútbol Afeccionado da Coruña (A.F.A.C.) celebrou onte, no salón de actos do complexo deportivo de Elviña, a Asemblea Xeral Extraordinaria co punto principal da orde do día da celebración das eleccións á presidencia. Ao terse presentado unicamente unha soa candidatura a presidente, a encabezada por Manuel Vázquez, esta foi proclamada oficialmente ante a Asemblea Xeneral como novo presidente da AFAC para os próximos cuatros anos.
Manuel Vázquez Martínez afronta deste modo o seu segundo mandato como presidente. Manuel Vázquez recibiu de novo da Asemblea Xeral un respaldo absoluto á súa xestión á fronte da Asociación.











