Manuel Regos transmítelle as solicitudes da veciñanza aos responsables do repintado da N-550 ao seu paso por Ordes
Manuel Regos, alcalde de Ordes, mantivo recentemente unha xuntanza cos responsables do repintado da N-550 ao seu paso pola vila e as inmediacións de Ordes. Un encontro que tivo lugar hai escasos días cos traballadores dependentes de Demarcacións de Estradas de Galicia e no que o edil reiterou a necesidade de realizar esta tarefa de maneira correcta, precisa e o máis rápida posible para garantirlle a seguridade tanto a conductores como a peatóns. Manuel Regos aproveirou a xuntanza para transmitirlle distintas peticións expresadas polos veciños en relación ao proceso de marcación de liñas descontinuas, continuas ou isletas, entre outros. “É necesario manter a sinalización horizontal o máis clara e visible, de xeito que a conducción quede posibilitada coa maior garantía para todos”, manifesta o alcalde.
Pola súa parte os técnicos tomaron nota das apreciacións indicadas polo alcalde, a quen lle aseguraron que as terían en consideración e que levarían a cabo o antes posible. Según lle explicaron debido a carencias de índole económica os traballos están a sufrir un lixeiro retraso no seu proceso de execución, “pero que pouco a pouco se iran facendo”.











