Manuel Regos, Silvia Marín e Lucía Iglesias clausuran o curso de Habilidades Sociais e Autonomía Persoal

Clausura do curso
O Concello de Ordes ven de clausurar o curso de Habilidades Sociais e Autonomía Persoal para Persoas con Discapacidade que se desenvolve na aula adaptada do Mesón do Vento. Nel participan aproximadamente unha veintena de usuarios que, entre outras cousas, adquiriron coñecementos de cociña ou limpeza. Acompañados por familiares e coidadores todos eles quiseron expresarlle o seu agradecemento ao alcalde de Ordes, Manuel Regos, así como a tenente de alcalde e á concelleira de Diversidade Funcional, presentes no acto de clausura.
Manuel Regos transmitiulles a súa intención de continuar con proxectos desta índole e informoulles do premio que esta mesma semana a Fundación Alares lle otorgou ó municipio de Ordes polo traballo que dende esta aula se realiza, permitindo deste xeito conciliar a vida familiar e laboral nos domicilios onde se rexistra algún tipo de diversidade funcional. Tras o verán todos os usuarios volverán a retomar estas clases, polo que os representantes institucionais lles desecaron a todos eles unhas boas vacacións.











