Manuel Baltar recoñece o labor de CD Ourense nesta tempada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesOurenseProvincias
A-
A+
Baltar na reunión con representantes do CD Ourense

Baltar cos representantes do CD Ourense

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse hoxe no Pazo Provincial co presidente do Club Deportivo Ourense, Alejandro Estévez, e co delegado, capitán e directivos do club para amosarlle o seu apoio e recoñecer o labor desenvuelto pola entidade deportiva nesta tempada que ven de rematar, na cal acadaron a permanencia da categoría. A reunión, celebrada a instancias da Deputación de Ourense, pon de manifesto, en palabras de Manuel Baltar “que non só hai que acordarse de CD Ourense cando ascende, senón que temos que amosarlle o noso apoio institucional en todo momento, e agora é un momento acaído de facelo, ao conseguir manterse na 2ªB”. Baltar remarcou que a Deputación de Ourense seguirá mantendo o apoio ao club “por ser un dos grandes embaixadores da provincia de Ourense”.

7 de xuño de 2013 | 16:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.