Mañá rematarán as obras de renovación do pavimento na rúa Rosalía de Castro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LarachaLocal
A-
A+

As obras que se están a desenvolver no centro do casco urbano da Laracha para renovar a superficie de rodadura de varias rúas da capital municipal está previsto que conclúan durante a xornada de mañá coa extensión do aglomerado asfáltico en quente na rúa Rosalía de Castro, completándose o novo pavimentado tras realizarse durante a xornada de hoxe o fresado dos puntos da rúa que presentaban un maior deterioro.

Trátase da fase final da execución do proxecto a través do que xa foron melloradas as rúas Lino Gómez Canedo, Josefa Suárez Gesto, Silverio Moreda, Carballo, Plácido Pedreira, Suiza, Santa Lucía, Médico David Mallo Gómez e Río Anllóns.

Desde o Concello da Laracha agradecemos a comprensión e as facilidades dadas polos veciños na zona xa que a actuación, polas súas características, require dunha restrición ao tráfico rodado e as inevitables molestias da presenza de maquinaria pesada nunha área residencial, comercial e que sirve de acceso a importantes instalacións educativas, culturais e deportivas de titularidade pública.

Cabe lembrar que a nova pavimentación que se está efectuando nestes momentos complementarase nos próximos días coa completa sinalización horizontal, xa que serán pintadas a totalidade das marcas viarias nestas rúas.

25 de xuño de 2013 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.