Mañá celebrarase unha reunión do comité de irmanamento da Laracha

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LarachaLocal
A-
A+

O Comité de Irmanamento da Laracha foi convocado para celebrar mañá venres, a partir das 13.30 horas e no Salón de Plenos, unha reunión extraordinaria para tratar os detalles da visita dunha delegación procedente de Olonne sur Mer do próximo día 4 ao 7 de xullo con motivo da celebración da Feira das Cereixas de Paiosaco.

Desde o Comité de Irmanamento francés comunicouse que o grupo estará formado por 26 persoas que desexan coñecer o Concello da Laracha e o desenvolvemento da que é a festa gastronómica máis importante das que se celebran no municipio ao longo de todo o ano.

Na xuntanza de mañá, na que se convidou a participar a representantes das principais asociacións culturais, clubs deportivos da Laracha e dos tres grupos políticos da Corporación municipal, falarase do programa a desenvolver durante a estancia deste grupo de olonnais no noso Concello.

27 de xuño de 2013 | 20:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.