Malú presenta o seu último disco “Dual” no teatro Jofre de Ferrol coa totalidade das entradas vendidas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrolLocal
A-
A+

Malú ofrecerá o sábado, día 15 de xuño, o seu primeiro concerto no Teatro Jofre onde contará cun aforo completo dende hai meses, e que se enmarca dentro do Ciclo de Grandes Concertos “Sons(S) do Jofre” programado pola Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado. A cantante madrileña subirase ao escenario do teatro municipal ás 20:30 horas para ofrecer ao público a posibilidade de gozar do seu último traballo discográfico “Dual”.

Malú, considerada unha das voces máis relevantes do pop español, lanzou este último disco no ano 2012 que consta dunha recompilación de duetos cantados ao longo da súa carreira e outros inéditos con recoñecidos artistas internacionais. O seu anterior traballo, “Guerra Fría”, entrara directamente ao número 1 en listas de vendas e chegou a ser disco de platino. Unha sólida carreira de 15 anos que a converte nunha das artistas máis respectadas da escena pop española.

11 de xuño de 2013 | 18:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.