publicidade hoxe

Máis dun centenar de veciños de Dodro visitaron Portugal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDodroLocal
A-
A+
Grupo de excursionistas en Aveiro

Grupo de excursionistas en Aveiro

Un total de 105 veciños e veciñas (nalgún caso persoas con dependencia, minusvalía e/ou problemas de mobilidade) de Dodro viaxaron o pasado día 22 de xuño a Portugal, acompañados/as por persoal do Concello.

No país veciño os/as dodrenses non tiveron tempo para aburrirse xa que contaban cunha programación moi completa: á mañá tiveron unha visita guiada por Porto polos lugares máis emblemáticos, para rematarar na “bodega Calem” en Vilanova de Gaia, onde degustaron unha selección de viño de Oporto. En Aveiro xantaron, pasearon e navegaron polos canais. Ao regreso, fixeron as compras e tomaron uns refrescos na fortaleza en Valenca do Miño.

Acompañou o bo tempo e a xornada transcurriu distendidamente. Polas risas que botaron, as persoas participantes amosaron a súa satisfacción coa actividade.

A viaxe forma parte das actividades para o verán organizadas pola Concellería de Igualdade e Benestar e subvencionadas pola Deputación da Coruña.

26 de xuño de 2013 | 18:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.