Máis de sesenta de artistas noveis locais participan na primeira edición de Expo Angustias en Nigrán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalNigrán
A-
A+

14062013-4A Asociación Cultural As Angustias, en colaboración co Concello de Nigrán e a Deputación de Pontevedra, celebra dentro da súa programación cultural anual a primeira edición de Expo Angustias, a primeira mostra de pintura de artistas nóveles locais. A exposición estará aberta dentro dunha carpa no recinto das Angustias os días 15 e 16 de xuño, en horario ininterrompido de 10.00 a 20.00 horas.

O obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer a existencia de numerosos artistas locais afeccionados á pintura, pondo en valor as súas obras, moitas veces só coñecida na contorna familiar ou na veciñanza. En total, a mostra albergará máis dun centenar de cadros realizados por veciños do municipio con distintas técnicas pictóricas, como óleos, acuarelas, carboncillos, etc.

Esta iniciativa cultural da asociación súmase a outras moitas que vén desenvolvendo ao longo deste ano, como a Xuntanza de Cabalos, o Rallye de Regularidade de Coches Clásicos, as rutas de sendeirismo diúrnas e nocturnas, entre outras.

14 de xuño de 2013 | 13:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.