Máis de 600 corredores participarán o vindeiro domingo na XVIII Carreira Popular Concello de Ordes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOrdes
A-
A+

Máis de 600 corredores participarán este próximo domingo a partir das 10 horas na XVIII Carreira Popular Concello de Ordes. Unha das citas deportivas máis importantes de toda a comarca e na que participan atletas de todas as idades. 

Este ano a organización entregará trofeos aos tres primeiros clasificados de cada modalidade nas categorías masculina e femenina, así como aos tres primeiros clasificados do Concello. Tamén recibirán premio os máis novos e os máis veteráns de cada proba. Como cada ano haberá premios en metálico destinados á carreira absoluta (xuvenil, junior, promesa, senior e veteráns), que nesta ocasión serán de 150, 80 e 50 euros para os corredores individuais. No caso de clubes federados e grupos do municipio a cuantía será de 150, 100 e 50 euros.

Nesta ocasión o Concello de Ordes conta coa colaboración de La Caixa, Gadis, Nutrexpa, Carnicería Enrique, Eurofrut, Cruz Vermella Ordes, Coca-Cola, Pazo Bidueiro, Feiraco, Reale Seguros, Jaime Castro asesoría e seguros. Para Máis información poden contactar  cos organizadores a través do teléfono 981 680002.

7 de xuño de 2013 | 17:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.