Máis de 60 alumnos do Marcos da Portela fan o roteiro dos Bolechas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, segue a ofrecer o roteiro Bolechas para dinamizar o uso da lingua entre nenos e nenas de infantil e 1º ciclo de educación primaria. Coa Excursión pola zona vella de Pontevedra os máis pequenos farán un percorrido guiado polo centro histórico da cidade do Lérez da man dos personaxes creados por Pepe Carreiro, os Bolechas, co obxecto de
ligar o uso do noso idioma aos espazos urbanos da cidade, recuperar e difundir a memoria histórica de Pontevedra inserida no contorno xeral da historia de Galicia e dinamizar os usos orais da lingua galega no ámbito urbano.

Este venres, día 14 de xuño, fará o roteiro un numeroso grupo de 67 alumnos/as de educación primaria do CEIP Marcos da Portela, polo que será preciso facer dúas quendas: unha ás 9.30 e outra ás 11.30 horas. A saída, como sempre, será desde a praza da Peregrina e o remate na praza da Pedreira.

13 de xuño de 2013 | 17:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.