Máis de 300 cans e 240 cabalos participarán nunha trintena de actividades na Semana Verde de Galicia 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia-
A-
A+
Proba canina na edición anterior

Proba canina na edición anterior

Máis de 300 cans e 240 cabalos participarán nas actividades equinas e caninas que se levarán a cabo na 36ª Feira Internacional Semana Verde de Galicia, a cal se celebrará do 13 ao 16 de xuño no recinto Feira Internacional de Galicia.

Os cans serán os protagonistas de 18 actividades distintas, das cales 13 contarán con presencia destes animais. Así, no XIII Campeonato de Galicia de Agility e nas probas clasificatorias para o de España 2014 competirán cerca de 50 exemplares, mentres que no XI Concurso Nacional de Beleza Canina serán cerca de 200 e no X Campionato Galego de Perruquería Canina ascenderán a 40. O Open Especial Jumping acollerá sobre 15 exemplares caninos.

As exhibicións de canicross, bikejoring (carreiras de fondo con cans tirando de unha bicicleta), mondioring e pastoreo de patos e ocas reunirán a 20 exemplares. Pola súa banda as demostracións de Can de Palleiro e de cans de caza contarán cunha docena.

En canto ás actividades equinas, serán un total de 17, e en 16 delas os visitantes poderán ver cabalos de distintas razas e procedencias. Os campionatos de Pura Raza Árabe e Pura Raza Española reunirán a un centenar de cabalos, ao tempo que nas competicións de Andadura Galega, Trotóns e Arrastre de Pesos serán 38. Na exposición, a mostra de doma e o concurso morfolóxico de Pura Raza Galega  participarán 35, e no Campionato Mundial de “Rapa das Bestas” 15.

A Escola Infantil de Monta de Ponis e as diversas demostracións, de doma clásica a cargo dun xinete internacional e o seu equipo, de andadura de trotóns, de cabalos de Pura Raza Árabe, de trotóns enganchados e de horseball reunirán a cerca de 50 équidos

Un programa para todos os públicos

Estas propostas formarán parte dun completo programa de actividades que se unirá a unha gran área expositiva para converter á Semana Verde de Galicia 2013 no maior certame multisectorial de comercio e ocio do noroeste peninsular.

Ao igual que nas anteriores edicións o programa incluirá numerosas actividades pensadas para todo tipo de público.

5 de xuño de 2013 | 10:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.