Luisa Cid reúnese con representantes do comercio local para impulsar o sector
A tenente de alcalde de Emprego e Empresa, Luisa Cid, mantivo no pazo de María Pita unha reunión con todos os representantes das zonas comerciais da cidade para facer un seguimento das accións de dinamización do sector.
Durante o encontro, Cid e os comerciantes analizaron as campañas específicas correspondentes ao primeiro semestre do ano 2013 e debateron as actuacións previstas para os próximos meses, entre elas as campañas de San Juan ou a de Coruña Wapa, evento que busca impulsar o comercio local reforzando a imaxe da Coruña como unha cidade de vangarda.
A elaboración dun plano comercial destinado aos que será presentado en breve, foi outras das cuestións analizadas polo tenente de alcalde de Emprego e Empresa e os representantes das asociacións. Trátase dunha vella demanda dos comerciantes coruñeses e que agora o Goberno local fará realidade.
O acto desta tarde forma parte dos encontros periódicos que o Concello mantén con todas as asociacións para reforzar o diálogo co pequeno comercio, manténdoas informadas en todo momento das actuacións que leva a cabo para dinamizar e modernizar os negocios e potenciar o consumo.











