Los Suaves “La Reunión”, prato forte do festival Derramerock

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalLocal PortadaOurense
A-
A+

A falta de dous días para o comezo das Festas de Ourense deste 2013, esta mañá tivo lugar no Salón de Plenos unha rolda de prensa na que se avanzaron detalles da programación do Festival Derramerock, que se celebrará en Benposta o venres 27 e o sábado 28 de xuño.

Nesta presentación, o alcalde de Ourense, Agustín Fernández, e a concelleira de Cultura, Ana Garrido, estiveron acompañados do director do festival, Enrique Granda e por Charli Domínguez, compoñente do grupo Los Suaves. O director do festival, avanzou detalles da montaxe que comezará a partir de mañá. Esta XVIII edición do Derramerock, que contará con máis de 4.000 m2 de carpas, xa esgotou as habitacións de varios hoteis da cidade. A maiores, Enrique Granda, aclarou que para o concerto de Melendi xa vendeu máis de 6.500 entradas.

Posteriormente, Charli Dominguez, pasou a falar de “La Reunión”, concerto – homenaxe ao grupo ourensán Los Suaves, que se celebrará o sábado dentro do festival, e polo que pasarán a maioría dos compoñentes da mítica formación durante estes máis de 30 anos de existencia. Los Suaves “La Reunión”, será unha actuación no que os membros pasados da banda se están a implicar con ensaios dende fai semanas, para ofrecernos o mellor dos concertos. Como destaca o propio Charli, baixista do grupo, “un deses concertos no que pasado o tempo un poderá decir que estivo alí”.

Pola súa banda, o alcalde de Ourense, Agustín Fernández, agradeceu a implicación dos organizadores, e subliñou o compromiso para conseguir obxectivos adaptando os recursos existentes. E puxo o exemplo no Derramerock, onde con menos orzamento, Ourense terá un evento de primeiro nivel, que atrae a moita xente a cidade, ademáis do concerto de Melendi.

19 de xuño de 2013 | 16:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.