Listado de admitidos no programa “Verán divertido 2013”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalO Carballiño
A-
A+

Xa están dispoñibles as listas provisionais de admitidos no programa “Verán Divertido 2013” organizado pola Concellaría de Igualdade e Benestar Social do Concello do Carballiño. Estas listas poden consultarse a través da web do Concello así como no local de Bo Día Familia e nas oficinas de Servizos Sociais.

Dende o 17 ata o 25 de Xuño será o prazo establecido para formalizar a matrícula aboando o custo correspondente nas oficinas de Recadación e entregando o resgardo de pagamento nas oficinas de Servizos Sociais.

As persoas que non formalicen a súa inscrición causarán baixa, dando lugar á incorporación das que se encontren en lista de espera.

TAXA
Inscrición mensual 40 €
Inscrición quincenal 25 €

O HORARIO DE VERÁN SERÁ DE 7:45 A 13:45 HORAS.

13 de xuño de 2013 | 12:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.