Línea Verde anima aos veciños de Gondomar a crear a súa propia receita con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarLocal
A-
A+

Dende a Concellaría de Medio Ambiente e Servizos, que dirixe Juan Carlos González, infórmase de que o servizo medioambiental Línea Verde organiza unha actividade con motivo da celebración, o pasado 5 de xuño, do Día Mundial do Medio Ambiente cuxo lema foi: Pensa. Aliméntate. Aforra.

Por iso, dende Línea Verde quérese poñer a proba a imaxinación de todos os veciños e veciñas do municipio con Crea a túa propia receita! O reto consiste en elaborar un prato cuns poucos alimentos en catro simples pasos. En primeiro lugar, deberemos poñerlle título á nosa receita. Seguidamente, poderemos elixir os alimentos dunha ampla lista e expoñeremos a elaboración. Finalmente, os participantes terán que sinalar o seu nome e correo electrónico. As receitas máis orixinais serán publicadas na web.

Todos os que desexen participar nesta actividade poderán facelo durante todo o mes de xuño na web www.lineaverdegondomar.com.

19 de xuño de 2013 | 13:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.