Labores de mantemento no campo da Pinguela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMonforte de Lemos
A-
A+

A concellería de Deportes está realizando labores de mantemento e rexeneración no terreo de xogo do Estadio Municipal da Pinguela.

Os traballos consisten no pinchado, escarificado, aireado e resementado do céspede, actuacións que deben realizarse cada certo tempo e que están encamiñadas a mellorar a calidade do céspede natural e a drenaxe do terreo de xogo.

Trátase de actuacións técnicas e delicadas, necesarias para o perfecto estado do terreo de xogo, e que deben ser realizadas por unha empresa especializada que conte coa maquinaria específica.

A empresa que leva a cabo estes labores é Xardín Senra, e o custo dos mesmos ascende a 9.150 euros.

6 de xuño de 2013 | 16:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.